Toponimia da provincia de Ourense

21,00

Neste libro tratase de precisar a toponimia dos lugares habitados da provincia na dobre vertente do significado da palabra. Primeiro, a localización xeográfica-administrativa de 4.400 lugares (casaríos, barrios, aldeas, vilares, vilas, etc.) indicando sempre a parroquia e o Concello os que pertence. E segundo, algunha teoría que explique por que ese lugar se chama como se chama. A miña laboura a este respecto non foi a dun erudito investigador senón algo parecido ó traballo que fai unha formiguiña

Solo quedan 1 disponibles

Hai traballos moi doutos e interesantes sobre a toponimia en xeral e sobre a toponimia galega en particular, pero eu botaba en falta unha divulgación, sinxela e popular, para as persoas non especialistas e o que fixen foi unha recompilación de todo o material que puiden atopar a eses efectos, resumilo e ordenalo alfabeticamente. A meta era explicar a orixe dos nomes duns 3.025 topónimos, a veces repetidos en lugares distintos. De moitos deles atopei a información precisa (ás veces con contradicións), pero ao final quedou unha cantidade de sitios (450-500) dos que, por non localizar nada, tiven que facer as miñas propostas e suposicións. Sempre advertindo desa circunstancia. A Bibliografía do final do libro é, exactamente, o conxunto de obras que “debullei” para chegar ó compendio final.
Se ao final, este traballo resulta útil ou atractivo para alguén xa me considerarei con iso pagado

 

Peso 0.1 kg
Autor

Manuel Dominguez Quiroga

Idioma

Galego

Nº de páginas

352

ISBN

978-84-16643-13-4

Encuadernación

Tapa blanda

Año edición

2017

Editorial

Deputación de Ourense

Prazo de entrega