Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

TINTA DE LUZ. POESÍA PARA NENOS E NENAS

€16,00
ISBN 9788494769818
Tinta de luz, tal é o título deste libro editado con primor, articula un punto de encontro máxico entre a estimulante, colorista e suxestiva lectura visual dun das nosas melloras artistas plásticas como é Berta Cáccamo xuntco coa palabra poética de Pepe Cáccamo.  

Nesta última asoma, como noutras entregas anteriores do autor que encaixan no xénero da poesía para un público infantil, eses trazos senlleiros que o singularizan como a procura  de novas dimensións semánticas de moitas palabras e o achado de novos termos e xogos de palabras asociados, neste caso, ao mundo da cor, da luz e das formas xeométricas -o punto, a liña, o triángulo, o cadrado, o círculo- apropiándose dun inequívoco ton humorístico ás veces e con chiscadelas a outro tipo de lectorado noutras, coidando tanto o ritmo, en ocasións con resonancias de filiación popular, como a expresividade sonora da palabra, afondando nun mundo referencial próximo ao lectorado ao que vai dirixido como é o universo da natureza: o vento, o mar, as árbores, os animais domésticos… Define o libro, talvez, ese par de versos que din “Luz de tinta na pel / tinta de luz no papel”: un exercicio de confluencia artística entre a palabra a a imaxe que non esquece o factor lúdico, imaxinativo e escintilante que axuda a ver as cousas doutra maneira, ou talvez, como verdadeiramente son. Ramón Nicolas (caderno da Crítica)

____

Editorial: Chan da Polvora
Idioma: Galego