terese raquin

Thérèse Raquin

15,00

O autor realiza unha meticulosa disección dos pensamentos da parella formada por Thérèse e Laurent, os cales entran pouco e pouco nunha espiral vertixinosa, arrastrados pola súa desorde orgánica até perderen o control na derradeira escena, dun horrible realismo.

Hay existencias

Thérèse Raquin é a terceira novela de Émile Zola, a primeira que responde ás premisas do naturalismo e o seu primeiro éxito nas letras. A historia partiu dun relato publicado en Le Figaro en 1866, posteriormente desenvolvido até se converter nunha novela que apareceu por entregas en 1867 en L’Artiste. Nese mesmo ano apareceu nun volume exento. A segunda edición, de 1868, contén un prefacio explicativo, incluído neste volume, no que autor se defende das críticas que recibiu. A novela amosa na súa concepción a influencia do método científico, a medicina experimental e os inicios da psiquiatría, e pon en escena a psicoloxía duns personaxes dominados polos nervios, as desordes cerebrais e a forza do instinto, desprovistos do libre arbitrio e arrastrados a cada acto da súa vida polas fatalidades da carne. Ao fío da intriga, Zola explora as manobras utilizadas polos dous protagonistas para satisfaceren os seus desexos, a exacerbación das súas ardencias, o peso dos remorsos e as accións cada vez máis temerarias.

Peso 0.500 kg
Autor

Émile Zola

Idioma

Galego

Nº de páginas

272

ISBN

9788494540301

Año edición

2017

Editorial

Hugin e Munin

Prazo de entrega

Inmediato (24 a 72 horas)