Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

TERRA DE SOÑOS. FUXAN OS VENTOS. CD+DVD

€20,00
ISBN WP4617

Cúmprense 50 anos do grupo pioneiro e baluarte da música en lingua galega. Dignificador da nosa lingua e a cultura.
Naqueles tempos faacer música en galego supoñía moitas dificultades en moitos frentes. Eran tempos en que desplegar unha bandeira galega era delito, estaba prohibido cantar o himno galego.
Desde Fuxan os ventos", "A sementeira", "O meu amor e mariñeiro", "O carro" entre outras moitas cancións de loita e reivindicación.

Fuxan os ventos é un grupo musical inserido no movemento folk da canción galega, formado en 1972 en Lugo no seo do Colexio Menor do Santísimo Sacramento de Lugo. O grupo participou co nome de Folk 72 no III Festival musical das San Lucas de Mondoñedo, onde gañaron o primeiro premio co tema "Fuxan os ventos". A partir de entón adoptaron este nome para o grupo.[ O seu repertorio, inclúe composicións propias, da tradición popular e adaptacións de temas poéticos. Moitos dos seus temas inclúen unha denuncia da situación de dependencia económica de Galicia e da minorización da súa lingua e cultura.

Trátase do disco originalmente publicado no 2009 pero esta vez editado en formato libro cunhas medidas de 23x23cm, con 84 páxinas a cor e tapa dura.


____