Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

TEMPO E VINGANZA

€21,70
ISBN 9788482886039
Unha análise orixinal e audaz sobre a concepción do tempo na modernidade a través do Hamlet de Shakespeare.


Rei Ballesteros achégase a Hamlet, e faino cunha visión moi persoal á vez que extremadamente rigorosa, interpretándoo como síntoma e expresión da nova concepción do tempo e da vida, concepción que separou a sociedade e a cultura tradicional dun mundo no que a medición e o cómputo comezaban a ser os verdadeiros protagonistas. Un libro que nos redescobre a cerna da sociedade do século XXI ao constatar a pasaxe dun tempo "harmónico", natural e local, a outro eminentemente urbano e cosmopolita que pretende ignorar as contricións da natureza e no que prima a linealidade, a aceleración e a présa. A partir desta constatación, que vertebra e dá unidade conceptual ao ensaio, Rei Ballesteros realiza unha serie de suxestivos achegamentos a temas tan fundamentais na nosa cultural coma o amor, a morte, a familia, a orixe e a comunidade.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego