TEIXIDO.SAN ANDRÉS DE LONXE

30,00

Mitos e ritos.

Cómpre entendelo como unha achega de carácter etnográfica moi valiosa. Articúlase, daquela, a través de dous eixes que son, por un lado, unha descrición xeográfico-antropolóxica da comarca ortigueiresa e, polo outro, un estudo ao que propiamente representan os mitos e o ritos, onde a autora se debruza na romaxe, nos ritos comúns a outros santuarios galegos, nos milladoiros, nas lendas ou nas diversas, e célebres, figuras de pan sen levedar e o seu significado.

Hay existencias

Hai corenta e seis anos Xohana Torres gañara o Premio de Etnografía Federico Maciñeira, que convocara a Deputación da Coruña. O texto nunca puido ver a luz ata hai uns meses cando a devandita institución apoiou o seu rescate e a súa publicación.

Dun ou doutro xeito dá xenio ler a prosa divulgativa e altamente documentada de Xohana Torres que encerra neste volume onde aproveita calquera fírgoa, por pequena sexa, para abrir aquí e acolá posibilidades de incorporar elementos comparados con outras culturas e tradicións, e de onde precisamente se tira a idea da singularidade de Teixido. Neste libro segue a advertirse o pulso poderoso e intenso que domina o seu estilo, tamén esa visión comprensiva e global desde a que anoa referencias e detalles pouco divulgados conseguindo establecer unha interpretación etnográfica e cultural dun mito que nos singulariza e que, por extensión, convida a visitalo, ou volver visitalo, para sentilo de maneira diferente.

Peso 0.100 kg
Autor

Xoana Torres

Idioma

Galego

Nº de páginas

132

ISBN

9788494650024

Encuadernación

Tapa blanda, Tapa dura

Año edición

2017

Editorial

Engaiolarte

Prazo de entrega

EXISTENCIAS

SI