Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

TANTOS CABALIÑOS LINDOS

€19,00
ISBN 9788415250449
Partiron a cabalo cara ao sur, fuxindo dun futuro predeseñado. Ás peripecias da viaxe, súmase unha historia de amizade que transcorre na fronteira, o símbolo do desarraigamento. Unha obra emblemática da literatura contemporánea, levada á gran pantalla.


ORMAC MCCARTHY Rhode Island, Estados Unidos, 1933
Pasou boa parte da súa nenez e mocidade en Tennessee, onde comezou a carreira de Humanidades, que non chegou a rematar. Alistouse despois nas Forzas Aéreas estadounidenses, onde permaneceu catro anos. Sábese pouco da súa vida persoal, pero el mesmo se describe como un ser solitario, máis amigo de científicos que de autores. Casou tres veces e levou unha vida desordeada, mudando de domicilio e traballando en diferentes oficios, vivindo de bolsas e premios que recibía polas súas obras. Está considerado un dos principais novelistas da literatura norteamericana actual. Entre as súas obras destacan "Suttree", coa que recibiu en 1981 o Premio MacArthur Fellowship, e "A triloxía da fronteira", coa que conseguiu o recoñecemento do público e da crítica; a esta serie pertencen "Todos os cabalos lindos", publicado en 1992, co que gañou o premio máis importante de Norteamérica, The National Book Award, "O paso" e "Cidades da veiga". En 2005 publica "Non é terra para vellos", levada ao cine polos irmáns Coen, e en 2006 aparece "A estrada", recoñecida co Premio Pulitzer de Ficción 2007 e adaptada á gran pantalla por John Hillcoat en 2009.

____

Editorial: Kalandraka
Idioma: Gallego