Tambo-1862

Tambo

22,00

Tambo é un proxecto multiformato que integra nunha soa obra aspectos musicais, audiovisuais, literarios e de expresión corporal.

Hay existencias

SKU: ABR001445 Categorías: , Etiquetas: ,

Naceu dunha actividade dinamizadora da biblioteca escolar do C.E.I.P. do Carballal de Marín na que o alumnado elaborou un relato que anos máis tarde propiciaría unha irmandade co C.E.I.P. A Pedra de Bueu.
Presenta unha esencia claramente educativa.
Todo o proxecto está tinguido de transversalidade tratando valores como a conservación do medio ambiente ou a discapacidade.
Preparádevos para gozar con contos convertidos en canción, cancións mudadas a imaxes e imaxes transformadas en coreografías.
Sen dúbida temos ante nós un libro disco para pequechos, maiores e profesionais do ensino que presenta tódolos ingredientes para pasalo ben coas andainas dunha tartaruga ben simpática.
Contén:
• 13 contos orixinais ilustrados cun fío común
CD de audio
• 13 cantigas en diferentes estilos
DVD
• 13 animacións dinámicas 
de Stop Motion con karaoke
• 6 coreografías gravadas 
por nenas en exteriores

Peso 0.99 kg