Tal era vivir Os vellos oficios III

16,65

“Tal era vivir” é a terceira e última entrega dos ensaios antropolóxicos que Xosé Vázquez Pintor comezou n’ “Os vellos oficios” e continuou con “A tribo sabe”.

Hay existencias

“Tal era vivir” é a terceira e última entrega dos ensaios antropolóxicos que Xosé Vázquez Pintor comezou n’ “Os vellos oficios” e continuou con “A tribo sabe”. O autor achégase á vida dos colmeiros que preparan o teitado das últimas pallozas do Cebreiro e dos canteiros ou pedreiros do Campo de Xastre, en Agolada, que labraban a fermosa arquitectura das fontes e feiras de Galicia, ao tempo que recupera a fala dos arxinas de Cerdedo e dos mestres da pedra de máis sona das terras de Montes; dá conta dos labores e da fala dos cesteiros ou bogardes de Mondariz e dos cereiros ou borreiros (xeralmente tamén capadores) de Forcarei. O traballo dos encadernadores de Viveiro, dos ferradores de Penaporrín e dos aceiteiros de Quiroga son igualmente reconstruídos a partir dunha memoria viva aínda conservada polos artesáns destes vellos oficios de noso. Particular importancia ten no volume a recuperación das carreiras do cordel, a actividade artesanal de confección de cabos e cordas, empregados en oficios agrarios e mariñeiros, que se desenvolve na parroquia de Meira do concello de Moaña. O volume inclúe un completo apartado fotográfico e un apéndice onde se recollen a fala ou xerga dos arxinas de Pontevedra e o dos cesteiros de Mondariz.

Peso 0.2 kg