Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

STRATOS

€9,95
ISBN WP4387
Coa liberdade que outorga situar a acción nun tempo futuro, Miguelanxo Prado deseña neste álbum, mergullándose nas claves da ciencia ficción distópica, unha sociedade baseada no consumo e na que predominan o racismo, a corrupción e a destrución sen control dos recursos naturais.

Coa liberdade que outorga situar a acción nun tempo futuro, Miguelanxo Prado deseña neste álbum, mergullándose nas claves da ciencia ficción distópica, unha sociedade baseada no consumo e na que predominan o racismo, a corrupción e a destrución sen control dos recursos naturais. Cun discurso duro e cruel por veces, mais non exento de certos acenos cómicos, asistimos ás teimas e obsesións de todos os seres que compoñen eses estratos tan ferreamente delimitados desde o nivel máis baixo, o dos “proletas”, ata o composto polas oito persoas que, á sombra do poder económico, controlan todos os gobernos mundiais. Unha intelixente e funcional construción narrativa apoiada por un abraiante despregamento de recursos gráficos que segue a cativar, malia o tempo transcorrido desde a súa primeira aparición por entregas nas páxinas da revista Zona 84 e posteriormente como álbum en 1987, se cadra porque estamos perante unha desas boas historias de ciencia ficción que funcionan como espello do que somos.

____