Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

STRAKAS. HISTORIA DE UNA INFAMIA

€19,90
ISBN WP2259
Strakas é o alcume dun rapaz nacido en 1940 nos suburbios dunha capital de provicia. Arrancado polas autoridades do prostíbulo onde exercía a súa nai, a súa nenez no Hospicio foi endurecendo o seu carácter e aos doce anos xa trazara un plan de supervivencia e vinganza cuxo único obxectivo era enriquecerse e fuxir de alí.

Pero o destino puxo de novo no seu camiño á súa primeira mestra, Aurita, que, sen sabelo, se encontra en perigo. E o que parecía un plan perfecto vese desbordado pola crua realidade, moito máis dramática do que xamais tivese imaxinado. E a tensión crece e os acontecementos precipítanse, e cada vez que volve a calma ábrese unha nova fronte. Strakas non é un personaxe amable. Os seus defectos non moven á compaixón e a súa idea da moral é moi persoal, pero precisamente por iso remata resultando un personaxe moi real e próximo. Todos somos un pouco Strakas, para ben e para mal. Ningún dos personaxes é demasiado tenro nin doado, pero todos eles soñan... E para conseguir os seus soños poden envorcallarse na lama ou ascender ao ceo, porque son os soños os que moven o mundo real. Un mundo real de corrupción, intriga, crime, paixón... Esta novela desvela as miserias do ser humano pero tamén a súa mellor cara, producindo no lector unha montaña rusa de sensacións que o atrapan e fan que o desenlace se faga desexar... David Otero García
David Otero é un loitador incansable. Afectado de Alzheimer na plenitude da súa vida, escribe a tempo completo para perpetuar os seus recordos antes de que se esvaezan, para que non lle alcance o esquecemento. Así se ve o autor a si mesmo: Vin a luz por primeira vez en Tetúan (Marrocos) un cinco de setembro do ano 1951. Escribo dende que sei facelo. A miña nenez e xuventude vivinas percorrendo distintos pobos e cidades de España, se ben o meu primeiro recordo o gardo de Tui, o primeiro destino do meu pai cando eu tiña tres anos de idade. Logo virían incontables máis ata recalar en Valladolid, onde con cincuenta e catro anos o meu pai faleceu. Non obstante o meu destino estaba marcado para continuar co mesmo espírito nómade. Traballei e vivín en diversas cidades ata que a enfermidade fixo que botase a áncora en Sada (A Coruña), onde me dediquei a escribir todo o que a miña atafegada vida profesional me impedira facer. Strakas é a miña primeira novela, pero non a única. Unha forza interior impúlsame a seguir escribindo sen pausa. Esta hiperactividade escritora é a miña forma de facerlle fronte á miña enfermidade. Non sei o tempo que esta me permitirá seguir facéndoo, de aí as présas".

____