mercedes peon

SÓS

15,00

É o cuarto disco de Mercés e un punto de inflexión na súa carreira. Cos seus tres discos anteriores, conseguiu situarse como unha das artistas mais interesantes da escena World Music a nivel Europeo, conseguindo premios nacionais e internacionais tan relevantes como o que outorga o World Music Forum ou a revista FolkWorld.

Sólo quedan 1 disponibles

Categoría: Etiqueta:

SOS

1. Elas
2. Derorán
3. São Paulo
4. Anacos
5. Babel
6. Desaparecer
7. Nana meus
8. Falar mellor
9. Maisdará
10. Ciúmes

Foi nomeada nos BBC AWARDS, Premio Nacional de Cultura, Galega do ano,  e este ano foi seleccionada polo esixente comité do Womex para realizar un showcase na próxima edición de Outubro 2010.

Co seu novo traballo Mercés dá un paso máis aló como compositora, productora e cantante e traspasa as fronteiras da música etiquetada como World Music para chegar moito máis lonxe.

A súa música pode ter cabida en Festivales como Soar, Coachella ou Boom Festival ou en eventos como Burning Man ou Snowbombing?

Un sofisticado concepto que sorprende, impacta e ao mesmo tempo acariña. Intensidade sonora nunca agresiva, mensaxes poderosas, elevados e crítica social, pensamento positivo, constructivo. Unha procura persoal que resulta universal.

??? SÓS: é unha chamada de auxilio no código Morse que aínda se utiliza en Altamar e tamén significa SOS, música que xorde dunha emoción, dun sentimento, dunha reivindicación. Da necesidade de compartir. Con todos os matices, sen pudor? A electrónica tratada como acústico e o acústico como electrónica. Sos e caóticamente entrelazados ???

Mercés Peón, máxica.

Probablemente a compositora galega con máis proxección internacional. Logo de profundar na tradición galega durante máis de 15 anos, no 2000 gravou o seu primeiro álbum ?Isué?. O ton deste disco de debut foi tan enérxico e forte que se converteu na súa propia marca. Peón mesturou magistralmente a tradición de gaitas e percusión coa súa poderosa voz como ninguén antes fixera. Deixando un espazo natural para as guitarras e a electrónica.

Nos seus traballos Arjú en 2004 e Sihá en 2007 ? creou na súa particular atmosfera creativa, unha combinación entre a tradición galega, a electrónica e o rock coma se fose o modo máis natural de que se atopasen estilos tan dispares, facendo diso, o seu signo distintivo dentro e fóra das nosas fronteiras.

Con SÓS, Mercés confírmase como unha artista global na vanguardia da creación artística.

Peso 0.100 kg
Autor

Mercedes Peón

Idioma

Galego

Año edición

2011