Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

SOPAS NEW CAMPBELL

€16,50
ISBN 9788412160413
Nádia transporta armários numa carreta. Habitualmente vai disfarçada e espera à noite para se ocultar entre as sombras.
No entanto, seria difícil que não tivessem reparado nela porque o rebuliço da atividade que lhe tocou em sorte dá nas vistas num mundo uniforme como este que habitamos. Não escolheu carregar com armários, é claro; mas não consegue separar-se deles. Ao final, tudo vai parar ao armário; é sempre útil ter um a mão


Teresa Moure é o nome dum "work in progress", um projeto performático em construção. 
Qualquer dado biográfico (humano) atribuído a TM é, portanto, (necessariamente) falsoTeresa Moure (Monforte de Lemos, Lugo, 1969) é unha das escritoras máis orixinais e versátiles da Galicia presente. Profesora na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, a súa dedicación á literatura abrollou a principios da pasada década e abrangue ámbitos complementarios e ben diversos.Como narradora deuse a coñecer con A xeira das árbores (2004) ―Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta e Premio Arcebispo San Clemente traducido ao español e italiano―, mais a súa confirmación no panorama literario galego veu da man de Herba moura (2005), título co que se alzou co Premio Xerais que pronto foi publicado en portugués, catalán, italiano, romanés, castelán e neerlandés. Tras desta viñeron aínda outras novelas, como Benquerida catástrofe (2007) , A intervención (2010), Uma mãe tão punk (2014) ―todas tres vertidas ao español― e, recentemente, Ostrácia (2015).Autora de amplo rexistro, Moure cultivou a escrita infantoxuvenil en títulos como o imaxinativo A casa dos Lucarios (2007), o comprometido Eu tamén son fonte (2008) ―con versións en castelán e asturiano― e o emotivo Mamá, ti si que me entendes! (2009).Poeta en Eu violei o lobo feroz (2013), dramaturga con Unha primavera para Aldara (2008) ―Premio Rafael Dieste e Premio María Casares― e mais Cínicas (2010), no seu haber figura tamén unha extensa nómina de ensaios sobre cuestións sociolingüísticas, entre os que se contan Outro idioma é posible. Na procura dunha lingua para a humanidade (2005) ―Premio Ramón Piñeiro―, A palabra das fillas de Eva (2005) ―traducido ao español―, O natural é político (2008), Ecolingüística: entre a ciencia e a ética (2011),  Queer-emos un mundo novo. Sobre cápsulas, xéneros e falsas clasificacións (2012)―outra volta Premio Ramón Piñeiro― e Politicamente incorreta (2014).Camaleónica, incisiva e perturbadora, a escrita de Moure aposta pola Revolución, a superación dos clixés preestablecidos, a asunción da ecoética, a ecolingüística, a equidade de xénero, o Eros político e o triunfo da estética do libérrimo.

____

Editorial: Cuarto de inverno
Idioma: Galego
Colección: ADULTAS