Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

SOLIMÁN

€17,30
ISBN 9788497821391
"Solimán" relata, cunha ollada irónica e tenra, as vidas dos rapaces que medraron a cabalo dos setenta e dos oitenta, adictos á súa memoria nun presente mellor pero menos emocionante. Premio Rubia Barcia-Cidade de Ferrol, 2003

Nesta novela de Xesús Fraga, gañadora do Premio Rubia Barcia-Cidade de Ferrol 2003, rememóranse as vidas de dous mozos de trinta anos, Álvaro e Román, que eran nenos cando aconteceu o 23-F. A infancia de ambos os dous está ligada á de Lucía, unha nena coa que tanto compartiron arredor dun ciprés, no patio das casas baratas na vila de Untia, espazo literario que lle é propio ao autor. Flaubert dixo que chega un momentos nas relacións amorosas en que a persoa amada xa non está connosco. Tamén chega un momento na amizade en que as persoas se preguntan por que o amigo continúa a ser amigo. Solimán enfróntase á actitude dunha persoa que se decata de que o único que mantén viva unha amizade son as lembranzas. Unha emotiva novela sobre a memoria da infancia próxima escrita con grande elegancia e paixón.

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego