SOCIALISMO EN EUROPA 2020

39,95

Unha ambiciosa proposta socialista, feminista e ecolóxica.

O golpe de Estado que acabou coa experiencia socialista de Salvador Allende e a desintegración da URSS permitiron proclamar o fin da historia. Só existiría unha política económica posíbel, a neoliberal, e un único modo de produción, o capitalista. Contemplamos cincuenta anos de aumento da desigualdade até niveis extravagantes, precarización xeneralizada do traballo e caída da participación dos salarios no produto total. En resumo, intensificación da explotación e extracción compulsiva de máis-valía.

O capitalismo triunfante propón un presente e un futuro de mercantilización absoluta da sociedade e a vida humanas, desesperanza e cinismo. O capital móstrase incapaz de reconducir a crise ecolóxica e frear o aumento da temperatura global poñendo en perigo a existencia dunha sociedade humana civilizada. Silicon Valley utiliza as tecnoloxías da información, a comunicación e os datos para converter en mercadorías a subxectividade e os afectos, derrogando de facto o dereito á intimidade. A alianza entre capital e orde patriarcal impide avanzar na igualdade económica real da muller, que terma da tripla carga de traballo retribuído de mercado, doméstico e de coidados.

É tempo de reabrir un proxecto civilizador que poña o ser humano por diante da produción de mercadorías e máis-valía.

 

 

Hay existencias

Peso 0.100 kg
Autor

Xabier Pérez Davila

Idioma

Galego

Nº de páginas

536

ISBN

978-84-8487-491-1

Año edición

2020

Editorial

Laiovento

Prazo de entrega