Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

SITUAÇOM PRESENTE E ORIENTAÇOM FUTURA DOS PROBLEMAS GERAIS DA NOSSA LÍNGUA

€3,00
ISBN 9788409130993
Carvalho Calero foi autor de poesía, narrativa, teatro e ensaio. Formou parte do Seminario de Estudos Galegos e foi, ademais, o primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galega da Universidade de Santiago de Compostela e da historia de Galiza    

En 1963 publicou a Historia da literatura galega contemporánea 1808-1936 e no 1966, a Gramática elemental del gallego común, obras canónicas imprescindíbeis para a textualización da nosa cultura. Desde mediados da década dos 70, defendeu publicamente unha aproximación á lingua portuguesa na liña de Murguía, fundador e primeiro presidente da RAG, e doutros moitos intelectuais. O 20 de abril de 1986 pechou o Encontro sobre o estado actual da normalización lingüística que frutificou na creación da Mesa pola Normalización Lingüistica, coa conferencia titulada Situaçom presente e orientaçom futura dos problemas gerais da nossa língua.

____

Editorial: A Mesa
Idioma: Gallego