Silencio

14,75

Un monllo de relatos dunha delicadeza extrema centrados na natureza humana, mais tamén na natureza orgánica que nos rodea, e que vén sendo un corazón latexante idéntico ao noso.

 

Solo quedan 1 disponibles

Coma un caderno de campo, a ollada de Agustín Agra disecciona os tempos e os espazos para explicarnos que as viaxes polo planeta son viaxes cara a dentro, que as pescudas da verdade case sempre rematan no infinito, e que a existencia pode ser entendida, mellor que coa ciencia, coa literatura. Pagou a pena a espera. Un libro que nos deixará sen alento.

Logo dun silencio editorial de cinco anos, volve á narrativa galega Agustín Agra con este primeiro libro en Editorial Galaxia, onde concentra o mellor do seu saber literario.

Agustín Agra naceu en Noia en 1966. É licenciado en Bioloxía e membro colaborador da Asociación Cultural Barbantia. Entre as súas obras destacan títulos como O tesouro da Lagoa de Reid ‘Is, Premio Merlín 2006. Recibiu, entre outros galardóns, o Premio Nacional de Narracións Curtas Modesto R. Figueiredo, en 2004, por Os límites do inimaxinable. Esta é a súa primeira obra en Editorial Galaxia. Foto do autor de María Esteirán.

Peso 0.100 kg
Autor

Agustín Agra

Idioma

Galego

Encuadernación

Tapa blanda

ISBN

978-84-9151-486-2

Nº de páginas

144

Año edición

2020

Editorial

Galaxia

Prazo de entrega