Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

SETE CAMIÑOS. ENCRUCILLADA DO TEMPO

€10,00
ISBN WP2637
Documental “SETE CAMIÑOS. Encrucillada do tempo”. Duración: 43 minutos. O proxecto para a creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños é unha proposta que pretende poñer en valor o importante e rico patrimonio natural, cultural e paisaxístico do contorno dos Sete Camiños, o Monte do Pornedo e o Monte do Catadoiro.    

É un espazo que conforma unha unidade natural que abrangue parte do monte comunal das parroquias de Salcedo e Lourizán, en Pontevedra e San Xulián, en Marín. O documental Sete Camiños. Encrucillada do tempo pon voz e imaxes a este proxecto que supón unha nova estratexia colectiva que aposte por unha xestión sostible dos nosos montes e recursos, pola conservación e posta en valor do noso patrimonio material e inmaterial e por unha visión a longo prazo para garantir unha digna herdanza natural e cultural para as xeracións futuras. Só así será posible a creación deste espazo natural e arqueolóxico, só así terán un futuro viable os nosos montes e a nosa propia cultura.

____