Seis poemas galegos (EDICIÓN FACSIMILAR)

14,00

Edición facsimilar do libro galego máis reeditado e traducido de todo o século XX. Incorpora as fotografías do poeta en Galicia. Nunha edición ao coidado de Henrique Alvarellos.

Hay existencias

Federico García Lorca foi un gran embaixador da cultura galega. A única lingua na que decidiu escribir, á parte do seu castelán natal, foi a galega. A primeira edición dos Seis poemas galegos saíu do prelo de Ánxel Casal en Santiago de Compostela en decembro de 1935,  oito meses antes do asasinato do gran poeta granadino. A tiraxe apenas superaba os douscentos exemplares e foron moi poucos os que sobreviviron ao saqueo dos fascistas en agosto do 36.

Non obstante, os poemas galegos de Lorca serían axiña incorporados ás súas obras completas e reeditados e traducidos durante este tempo por todo o mundo. Hoxe constitúen o libro en galego máis difundido do século XX.

AS FOTOGRAFÍAS DE GARCÍA LORCA EN GALICIA

A presente edición facsimilar reproduce fielmente un daqueles contados exemplares de 1935. Respecta, por unha banda, o deseño, formato e papel orixinais da editorial Nós; por outra, incorpora, como un singular apéndice gráfico, as fotografías comentadas de García Lorca en Galicia, ata dez imaxes de 1916 e 1932 obtidas na terra onde el se sentía “poeta gallego… poeta de alta hierba, de la lluvia alta y pausada”, algunhas delas, moi descoñecidas, mais outras catro fotografías directamente relacionadas coa xestación dos Seis poemas galegos.

O editor e escritor Henrique Alvarellos, responsable da edición, tamén este ano, do libro El gran viaje de estudios de García Lorca (Alvarellos Editora), ocupouse neste facsimilar da selección e comentario de cada unha das fotografías.

Federico García Lorca (Fuente Vaqueros-Granada, 1898 – Víznar-Granada, 1936) é hoxe o poeta español máis lido de todos os tempos, autor tamén en lingua galega dos Seis poemas galegos (1935) que agora recuperamos en edición facsimilar. Integrante da Xeración do 27, é autor dunha selecta obra en verso (onde sobrancean os poemarios Romancero gitanoPoema del cante jondo ou Poeta en Nueva York) e teatral (con obras como Bodas de sangreYerma ou La Casa de Bernarda Alba). A súa poesía conecta dun xeito único a tradición popular coa vangarda. En 2018, coincidindo cos cen anos da publicación do seu primeiro libro (Impresiones y paisajes) e os 120 do seu nacemento, celebrouse, o 25 de outubro, o primeiro “Día de García Lorca en Galicia”, promovido por Alvarellos Editora. (Na imaxe, Garcia Lorca en Betanzos en maio de 1932).

 

Peso 0.100 kg
Autor

Federico García Lorca

Idioma

Castellano

Nº de páginas

60

ISBN

978-84-16460-53-3

Encuadernación

Tapa blanda

Año edición

2019

Editorial

Alvarellos

Prazo de entrega