O que sei do silencio

O que sei do silencio

12,15

Chámome Delia e son unha covarde. Esta é a historia de como acosamos a Silke durante os meses que estudou no noso instituto. E de como todo se nos foi das mans. Das miñas mans inútiles.

Hay existencias

E das manipuladoras mans de Xulia, Lara e Daniela. Das mans indiferentes de Marcos. Das sucias e miserables mans de Vítor. Das indecisas mans do meu irmán Iago. Diso vai este blog que acabo de abrir. Dos meses que pasei en silencio. Do que aprendín naqueles días da crueldade e da covardía. Isto é o que sei do silencio.»”O que sei do silencio” é o relato estremecedor de como Delia se converteu en acosadora pasiva dunha rapaza inocente de 3º da ESO. Historia inspirada libremente nun suceso real, afonda dende voces diversas na xénese, desenvolvemento e consecuencias dun caso de acoso escolar. Unha novela necesaria que achega azos a todas aquelas persoas que ignoran o silencio e se fan fortes a si mesmas e ás demais a través das palabras.

Peso 0.100 kg
Autor

Andrea Maceiras

Idioma

Galego

Nº de páginas

224

ISBN

978-84-9121-402-1

Año edición

2018

Editorial

Xerais

Prazo de entrega

inm

Edad recomendada

A partir de 12

EXISTENCIAS

SI

Premios

Finalista do Premio Raíña Lupa 2017