Sedna, a deusa do mar

9,30

Nunavut -a nena protagonista de «Sedna, a deusa do mar», a cuarta entrega da serie «As Aventuras de Nunavut» de Xoán Abeleira- pertence a un dos pobos máis lendarios da Terra, os «inuit» ou esquimós, pobo primitivo que aínda sobrevive en durísimas condicións e cunha peculiar cultura onde o real e o suprarreal están intimamente vencellados. Mais Nunavut tamén é hoxe unha fermosa e esperanzadora rexión autónoma para todas as comunidades árticas.

Hay existencias

Esta cuarta entrega da serie iníciase nun verán que se amosa benigno pero no que escasea a pesca. No outono o mar comezara a xearse antes do que adoitaba o que significaba que o inverno se ía adiantar. Para sobrevivir, homes e mulleres, terían que saír a cazar baleas. Mentres tanto, os rapaces debían quedar cos anciáns e Nunavut irá a carón de Mamá Helga, a persoa que mellor coñecía as lendas da aldea. «Sedna, a deusa do mar», será unha desas lendas fundacionais da sociedade «inuit».

Peso 0.100 kg
Autor

Xoán Abeleira

Ilustrador

Jacobo Fernández Serrano

Idioma

Galego

Nº de páginas

72

Encuadernación

Rústica cosido a fío

ISBN

978-84-9782-257-2

Año edición

2005

Editorial

Xerais

Prazo de entrega