Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

SE ISTO É UN HOME

€18,00
ISBN 9788491214694
Se isto é un home é unha obra desgarradora, brutal, que dá conta da vida cotiá de Primo Levi e os seus compañeiros no campo de concentración de Auschwitz-Birkenau durante o nazismo.

Sometidos á terrible dor da fame, da sede, do frío, da violencia, do medo e da falta de solidariedade, os prisioneiros habitaron un non-lugar onde as condicións para a vida humana quedaron suspendidas e no que resultaba practicamente imposible sobrevivir. Primo Levi, xudeo-italiano, resistente antifascista e químico de profesión, logrouno. Publicado en 1947 en Turín, este libro pasou desapercibido ata 1959, cando foi traducido ao inglés. Desde aquela converteuse nun referente ineludible da literatura do século XX.
Primo Levi (1919-1987) foi un dos escritores máis relevantes do século XX, moi especialmente polo seu tratamento literario do Holocausto, ao que logrou sobrevivir. Prisioneiro no campo de concentración nazi de Auschwitz--Birkenau, o seu libro Se isto é un home está considerado un dos máis importantes do século XX. Nacido en Turín en 1943 uniuse á resistencia antifascista en Italia, pero foi capturado e deportado a Auschwitz, onde coñeceu o horror de traballar como escravo nunha planta industrial.
 

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego