Se isto é un home
PRIMO-LEVIausvprimo

Se isto é un home

18,00

Se isto é un home é unha obra desgarradora, brutal, que dá conta da vida cotiá de Primo Levi e os seus compañeiros no campo de concentración de Auschwitz-Birkenau durante o nazismo.

Hay existencias

Sometidos á terrible dor da fame, da sede, do frío, da violencia, do medo e da falta de solidariedade, os prisioneiros habitaron un non-lugar onde as condicións para a vida humana quedaron suspendidas e no que resultaba practicamente imposible sobrevivir. Primo Levi, xudeo-italiano, resistente antifascista e químico de profesión, logrouno. Publicado en 1947 en Turín, este libro pasou desapercibido ata 1959, cando foi traducido ao inglés. Desde aquela converteuse nun referente ineludible da literatura do século XX.

Primo Levi (1919-1987) foi un dos escritores máis relevantes do século XX, moi especialmente polo seu tratamento literario do Holocausto, ao que logrou sobrevivir. Prisioneiro no campo de concentración nazi de Auschwitz–Birkenau, o seu libro Se isto é un home está considerado un dos máis importantes do século XX. Nacido en Turín en 1943 uniuse á resistencia antifascista en Italia, pero foi capturado e deportado a Auschwitz, onde coñeceu o horror de traballar como escravo nunha planta industrial.

 

Peso 0.100 kg
Autor

Primo Levi

Idioma

Galego

Nº de páginas

304

Encuadernación

Rústica cosido a fío

ISBN

978-84-9121-469-4

Año edición

2019

Editorial

Xerais

Prazo de entrega

De 3 a 5 días