Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

SAROU LOUZÓS

€17,00
ISBN 9788499144009
Durante máis de vinte anos, a obra narrativa de Ramón Caride, paralelamente a outras xeiras e debalos mundo adiante, foi poboando os seus dous lugares referenciais, tan familiares como míticos -Sarou, nas Rías Baixas; e Louzós, no corazón da Galiza central-, con historias do máis escuro e violento realismo, rescatadas dos xornais e da nosa memoria común; e tamén con personaxes marcados a ferro pola vida. Fitos e alicerces da nosa serie negra, estas historias son tamén expresións dun mundo propio, dun universo duro, acedo e conflitivo, onde só o amor, contadas veces, é quen de poñer luz, ou de tentar dar acougo.

Por primeira vez, todos os relatos do ciclo recóllense xuntos e organizados polo autor nun volume unitario. Xa que logo, este é un libro senlleiro; en verbas de Xosé Vázquez Pintor: unha «crónica de sucesos a pé de obra, estes retratos de urxente xornalismo que xa se instala na retina, no de cada día; e todos somos cómplices, parte destas historias de infinita soidade e infinitas arañas a tecer os cabos do naufraxio».

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego