A nave de Sándalo percorre doucentos anos de historia entre Europa e América.
Idioma: Gallego
Fitos heroicos, Ulises galaicos, orixas afrocubanas, secretas sociedades de figuras públicas, independencias políticas e pendencias eróticas, saltan de tempo e lugar nunha viaxe emocionante con corpo de relato estimulante dos sentidos e dos sentimentos, para facernos cómplices da relación antiga e inmorrente de dous universos unidos pola Corrente do Golfo: Galicia e Cuba.
Porteiro, María Xosé
Licenciada en Publicidade, xornalista, escritora e política. Traballou en El Pueblo Gallego, La Voz de Vigo, Radio Popular, La Voz de Galicia, Tiempo e El País. Así mesmo, foi xefa de prensa do Concello de Vigo e directora de INCOLSA, do Museo del Ferrocarril de Madrid e da Dirección de Comunicación da Fundación de los Ferrocarriles Españoles. Ademáis, publicou narrativa e ensaio. Foi concelleira en Vigo, deputada no parlamento galego e no Congreso dos Deputados, membro das Asembleas parlamentarias do Concello de Europa e da Unión Europea Occidental, e delegada de Galicia no Exterior. Ten a Encomenda ao Mérito Civil.
____
Editorial: GalaxiaIdioma: Gallego