Rosalía feminista

12,50

A poesía de Rosalía de Castro agroma nun triángulo de furias: a reivindicación das mulleres; a meniña gaiteira que tatexa palabras inaugurais dunha nación non prevista; e a ira contra a precariedade, a compaixón polas persoas inocentes e tristes, a certeza da vulnerabilidade.

Hay existencias

Categorías , , Etiquetas ,

Nese triángulo de furias afírmase a Rosalía feminista. Dálle voz á moza, á violada, á solteira, á vella, á nai obrigada a deixar o fillo só, ás mulleres confinadas entre o amor romántico e unha idea estreita de familia. Avisa dos perigos do gaiteiro da festa, do emigrante que non ha volver, da violencia do poder. Defende a xustiza pola man. E crea a viúva de vivo: esa muller soa, sen rostro, sen amor e tamén sen amo que resolve, como unha Penélope navegante, deixar de agardar.

Helena González Fernández (Vigo, 1967) é profesora titular de literatura galega na Universidade de Barcelona e investigadora do Centre Dona i Literatura; especializouse en poesía contemporánea e crítica literaria feminista. En 1999 defendeu a súa tese de doutoramento, “Mulleres atravesadas por unha patria. Poesía galega de mulleres entre 1975 e 1997”. Entre os seus libros cómpre citar “Luís Seoane: vida e obra” (1994), “Unha lectura de Códice calixtino de Luz Pozo Garza” (Xerais, 1997), a edición crítica de “De catro a catro” (1998) de Manuel Antonio e “Rosalía feminista” (Xerais, 2019). Como antóloga preparou unha escolma da poesía de Rompente con Iris Cochón, “Upalás” (Xerais, 1998), “Rías de tinta” (1999) con Marta Segarra e Francesco Ardolino, e mais “A tribo das baleas” (Xerais, 2001), unha antoloxía trilingüe da poesía galega dos anos 90. Entre os seus artigos máis recentes salientan as colaboracións en “Escrita e mulleres. Doce ensaios arredor de Virginia Woolf” (2003), e mais na “Breve historia feminista de la literatura española” (en lengua catalana, gallega y vasca). Vol. VI(2000) coordinado por Iris Zavala. Forma parte do equipo de redacción dos catro volumes do “Diccionario da literatura galega” (1995-2004) dirixido por Dolores Vilavedra, e traduciu ao galego “Capital da dor” de Paul Éluard, con Laurence Brault. Pertence ao consello de redacción do “Anuario Grial de Estudos Literarios Galegos”, onde colabora desde 1992 cunha panorámica anual de poesía, e mais “Lectora. Revista de Dones i Textualitat”. Na actualidade desenvolve o seu labor como crítica literaria en Grial.

Peso 0.500 kg
Autor

González Fernández, Helena, Rosalía de Castro

Idioma

Galego

Nº de páginas

168

Encuadernación

Rústica cosido a fío

ISBN

978-84-9121-476-2

Año edición

2019

Editorial

Xerais

Prazo de entrega