A rosa de cen follas

10,10

A rosa de cen follas -publicada por vez primeira en 1927- móstranos outro dos Cabanillas posibles; desta volta, o poeta autor de delicadas composicións de amor, que lembra a Rosalía -un verso dela dá título á obra do cambadés-, a Bécquer ou aínda a Heine. Un Cabanillas romántico, e preocupado por unha depuración de sinxeleza formal, xorde a través deste breve poemario: un exemplo máis de que nos atopamos diante dun dos mellores líricos galegos de sempre.

Hay existencias

Acaso a variedade temática, a capacidade para producirse en diferentes rexistros estilísticos, constitúan un dos apartados fundamentais na hora de caracterizar a poesía de Ramón Cabanillas. Poeta combativo e denunciador das inxustizas, ao pé dos movementos agrarios, unhas veces; recreador dos vellos mitos artúricos e bretóns, autras; ardoroso paladín lírico do nacionalismo das Irmandades da Fala…

Peso 0.200 kg
Autor

Ramón Cabanillas

Idioma

Galego

Nº de páginas

132

Encuadernación

Rústica cosido a fío

ISBN

978-84-7507-746-8

Año edición

1993

Editorial

Xerais

Prazo de entrega