Roedores

12,00

Peludiño é un hámster que escapou da súa gaiola para vivir aventuras na cidade. Munda é unha rata soñadora que pasa as noites rebuscando no lixo para levar comida aos seus irmáns. Estes dous roedores terán que deixar atrás os seus prexuízos e traballar en equipo para vencer o temido Gato. Xuntos aprenderán que son máis parecidos do que eles pensaban e que as diferenzas os fan especiais.

Hay existencias

Category: Etiquetas ,

«Roedores» é un espectáculo teatral dirixido por Alex Sampayo e protagonizado polos actores Guillermo Carbajo, Sheyla Fariña e Carlos Álvarez-Ossorio.

Vai dirixido a rapaces de 3 a 12 anos e ten como obxectivo o fomento da igualdade. A través das aventuras do hámster Peludiño e da rata Munda os pequenos achegaranse a conceptos como a igualdade de xénero, de oportunidades, social e de dereitos.

«Roedores» vai ligado a un conto escrito por Alex Sampayo e Borja F. Caamaño con ilustracións de Rodrigo Chao, que conta a historia dos nosos protagonistas antes de comezar o espectáculo teatral.

Peso 0.1 kg