Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

ROBERTO VIDAL BOLAÑO OBRAS COMPLETAS. VOLUME III

€25,00
ISBN WP3166
As obras incluídas neste volume divídense en dous grupos. As tres primeiras teñen o elo de seren soliloquios, con moitos rasgos autobiográficos, principlamente as dúas iniciais. E as tres seguintes comparten o elo do tempo inconcreto, de sempre.

Naceu en xullo de 1950, no popular barrio de Vista Alegre, en Santiago de Compostela. Comezou moi novo a traballar, e a interesarse polo teatro, a literatura e o cine. En 1975 crea o grupo Antroido, co que vive unha etapa moi creativa e participa intensamente na dinamización teatral en Galicia. En 1984 créase o Centro Dramático Galego, co que Vidal Bolaño colaborará activamente. A representación da obra Agasallo de sombras, da súa autoría, cáusalle represalias que o afastan do teatro. Coa obra Caprice de dieux (incluída neste volume) o autor salda contas con toda esta etapa. A creación da Televisión de Galicia permítelle traballar no mundo audiovisual, na dobraxe ou como guionista e director. Volverá ao teatro creando a compañía Teatro do Aquí, nunha etapa de moita creatividade e conseguindo o soño da profesionalización teatral. Faleceu en setembro de 2002.

____