Risco segundo Risco

15,50

Risco segundo Risco non é unha entrevista ao uso nin propiamente unha extensión do xenuíno xénero xornalístico.

Hay existencias

En realidade, o intercambio de puntos de vista e valoracións do universo risquiano ocupou permanentemente os anos da fonda amizade entre Antón Risco e Arturo Lezcano, contertulio e admirador de Vicente Risco. Cando este último concibiu a idea do libro, artellou un resumo das longas e constantes conversas, artigos e outros traballos xornalísticos e literarios, e pasoulle as preguntas finais ao seu interlocutor, que trouxo as respostas escritas desde o Canadá, e daquela procederon a lle dar forma definitiva. Nunca mediou a gravadora. Soamente, ao final, Antón Rixco e Arturo Lezcano sentaron nunha cafetería de Compostela e deixaron rematado este texto.
O resultado é un libro no que aparece un Risco (Vicente) visto por outro Risco (Antón): non tanto un libro no que un fillo fala do seu pai como un texto no que un escritor trata de interpretar a outro escritor desde unha perspectiva privilexiada.

Peso 0.200 kg
Autor

Arturo Lezcano

Idioma

Galego

Nº de páginas

124

Encuadernación

Rústica con solapas

ISBN

978-84-9865-512-4

Año edición

2013

Editorial

Galaxia

Prazo de entrega