41 partituras
No centenario do nacemento do mestre gaiteiro Ricardo Portela (Viascón, 1920-1992), o Consello da Cultura Galega presenta esta obra que pon a disposición pública os segredos do mestre, por vontade do autor e coa xenerosa intervención de Carlos Núñez.

Este libro é moito máis ca unha merecida homenaxe a unha figura crucial na historia moderna da gaita galega. Carlos Núñez, ademáis dos apontamentos biográficos, fai unha análise pormenorizada das claves do estilo e técnica interpretativa do mestre de Viascón, e recolle as transcricións do seu repertorio. O resultado é un extenso corpus de máis de corenta obras, entre as que están todas as melodías emblemáticas da gaita galega.

Contén: 1.- Prólogos (p. 8). 2.- De gaiteiro a gaiteiro. Vicencias, trasnscricións e análise (p. 22). 3.- Transcricións [partituras] (p. 124).