Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

RESIDENTE PRIVILEXIADA

€22,00
ISBN WP1973
A obra, traducida directamente do francés por Ana Belén Martínez Delgado, lingua na que foi editada orixinariamente no ano 1980, é un dos testemuños máis completos acerca do exilio –primeiro forzoso, despois voluntario- dunha muller que conseguiu triunfar lonxe do seu país, até convertirse en actriz universal, primeira figura da Comedia Francesa e do Teatro Nacional Popular francés.

María Casares non necesita ser presentada: poucas actrices acadaron a súa merecida celebridade. No seu caso, ademáis, dase a circunstancia de que levou a cabo íntegramente a súa carreira no seo dun mundo cultural –o francés- que non era o seu, un mundo no que ela era, segundo as súas propias palabras, unha residente privilexiada. Pero María Casares non foi únicamente unha actriz impresionante: foi tamén unha estraordinaria escritora capaz de comunicarnos até os máis íntimos recunchos da súa complexa personalidade, e de tantas outras, igualmente ricas, que acompañaron a súa apaixoada existencia: actores como Gerard Philippe, Jean Louis Barrault e Jean Vilar; escritores como Claudel e Genet; persoeiros do cine como Clouzot e Jean Servais. E, sobre todo, o inesquencibel Albert Camus, con quen viviu longos anos de íntima relación. María Casares, convertida en espectadora de si mesma e do mundo, pon en escea en Residente privilexiada un axuste de contas, un regreso sincero e inmaculado aos seus orixes, á escena familiar, a súa paixón polo teatro, aos amigos, ao excilio, aos encontros e desencontros coa súa propia identidade….

____