Reo

13,50

Esta é a historia de Reo, un rapaz calquera dun barrio calquera.

Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil da Deputación da Coruña no 2013

Premio Fervanzas Literarias 2014 ao Mellor Libro de Literatura Xuvenil

Hay existencias

Pero Reo é o rei dos graffiteiros da cidade: o que máis bombardea coa súa sinatura, o máis comprometido coa súa arte; o mellor. O graffiti é o que lle permite dar saída a todas as inquedanzas que lle bolen na cabeza. Ata que un día un misterioso rival o reta nos muros da cidade. Unha confrontación da que emerxerá transformado, aínda que non como Reo espera. Velaquí un dos argumentos da novela gañadora do Premio Raíña Lupa de Literatura Xuvenil 2013 e na que, ademáis de envolvernos nunha trama trepidante arredor de Reo, o hip hop, as bandas dos barrios e ás veces a tristeira vida cotiá de quen ten horizontes máis grandes, deita unha interesante reflexión sobre a vida dos mozos e mozas dos nosos días, sobre as súas angueiras e esperanzas. Reo está escrita nunha linguaxe directa que nos atrapa dende o primeiro instante, como un graffiti colorido e ben feito. Directo. Engaiolante. Definitivo.

Xesús Fraga

Naceu en Londres, pero dende moi neno viviu na Coruña, e logo en Betanzos. Estudou xornalismo en Salamanca e traballa desde hai moitos anos en La Voz de Galicia. Entre as súas obras destacan títulos como O elefante Branco. A-Z ou Salimán. Unha das súas afeccións é o mundo da cociña, sobre a que publicou 50 receitas con amoras e outros froitos silvestres. Como tradutor trouxo para o galego libros como Lolita, de Vladimir Nabokov, ou Arthur & George, de Julian Barnes.

Peso 0.100 kg
Autor

Xesus Fraga

Idioma

Galego

Encuadernación

Tapa blanda

ISBN

978-84-9865-542-1

Nº de páginas

144

Año edición

2012

Editorial

Galaxia

Prazo de entrega