Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

REFLEXIÓNS

€9,90
ISBN 9788487882358
Explicáronme que todo o que vexo son reflexos. Dixéronme que o mar non ten cor, que todo o máis reflicte a luz e deixa ver algo do que ten no fondo.

Supoño que tamén a xente que vexo non deixa de ser un reflexo. Da luz, claro, e tamén da vida que viven, do que ven, do que son… E cando lles fago unha foto o que teño é un reflexo momentáneo dentro da miña cámara, unha imaxe da que me apropio. Por tanto, se reflexiono sobre iso, poida que cando estou a facer unha foto do mar non faga máis que apresar o reflexo dun reflexo. É un xogo. Como o que propoñen estas fotos. Os galegos vivimos moi preto do mar e mantemos con el relacións de todo tipo: de necesidade, subsistencia, lecer, preservación, de agresión, de medo ou acougo. Ás veces mesmo son contraditorias, pero o que é seguro é que son moi distintas para cadaquén. Quero xogar a quedar para sempre con ese reflexo metafórico do cachiño de mar dos outros e tamén coa imaxe daquel que mo regala. Mariñeiros, mariscadores, ecoloxistas, surfistas, peixeiras, políticos… Xentes que dialogan co mar a cotío e tamén os que deciden sobre el sen velo, os que buscan desculpas para miralo de fronte e os que soñan con facelo. E como a maxia se fai con espellos e de espellos trata o conto, dous pases máxicos serven para facer realidade estas imaxes imposíbeis onde alguén sostén un espello que o reflicte noutro sitio ao tempo que o transparenta, amosando o revés e o anverso a un tempo. Sempre co mar de fondo. Olga Osorio

____

Editorial: CEF
Idioma: Gallego