Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

RED LION

€13,50
ISBN 9788491513582
Lolita Dinamita iluminou a cicatriz que atravesaba o seu rostro cun sorriso de satisfacción cando se decatou de que CaraDeTolo enviara un dos seus para facerse co control da venda de droga na zona.    

Sabía que chegara o momento que tanto esperara. Acompañada por un grupo de malnacidos, cuxas vidas xa viñan arruinadas de serie, Lolita Dinamita volve a un pasado que doe, a un lugar en estado de excepción onde se practica todo tipo de abusos de xeito sistemático e baixo a máis total e absoluta das impunidades. Red Lion lévanos a unha cidade calquera, a un arrabaldo onde emerxe o lado máis miserento da sociedade durante as vertixinosas horas en que unha muller decide darlle un envorco á súa vida para tomar a vinganza pola súa man. Centos de vidas truncadas, milleiros de historias silenciadas, corpos aldraxados, espíritos violentados. Morte, corrupción, vicio. A cara máis escura da humanidade quedara oculta baixo un limoeiro no patio traseiro do que no seu día fora un dos lugares máis famosos do país.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego