Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

O RECENDO DAS MIMOSAS

€17,60
ISBN 9788497829274
O relato ''Os límites do inimaxinábel'' obtivo o Premio Pedrón de Ouro, 2004 O relato ''Na caeira'' recibiu o 1º accésit do Pedrón de Ouro, 2005

Unha ducia de relatos forman esta primeira entrega de Agustín Agra en Xerais Narrativa, que se abre coa narración da irremediable metamorfose, que tras a subida das augas, converte ás protagonistas de "A tarasca", de forma sucesiva en cobras, serpes, serpentas, e, finalmente, en cocas ou tarascas voadoras; e que se pecha con "Teseo no labirinto", onde se convocan os protagonistas mitoloxía clásica. Entremedias, en relatos como "Os límites do inimaxinábel", "Wünderbar" ou "O anel de Coleridge", a irrupción dun elemento fantástico inesperado axuda a explorar fronteiras descoñecidas da realidade; noutros, como "Na caeira" ou "o Souto dos Gatos", homenaxéase de forma explícita á memoria republicana; mentres que, finalmente, no relato "Xogando aos faraóns" ou, na case noveliña, "O chintófano", a sátira política e o humor máis retranqueiro centran toda atención dunha engaiolante lectura.

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego