O recendo das mimosas

17,60

O relato »Os límites do inimaxinábel» obtivo o Premio Pedrón de Ouro, 2004

O relato »Na caeira» recibiu o 1º accésit do Pedrón de Ouro, 2005

Hay existencias

Unha ducia de relatos forman esta primeira entrega de Agustín Agra en Xerais Narrativa, que se abre coa narración da irremediable metamorfose, que tras a subida das augas, converte ás protagonistas de «A tarasca», de forma sucesiva en cobras, serpes, serpentas, e, finalmente, en cocas ou tarascas voadoras; e que se pecha con «Teseo no labirinto», onde se convocan os protagonistas mitoloxía clásica. Entremedias, en relatos como «Os límites do inimaxinábel», «Wünderbar» ou «O anel de Coleridge», a irrupción dun elemento fantástico inesperado axuda a explorar fronteiras descoñecidas da realidade; noutros, como «Na caeira» ou «o Souto dos Gatos», homenaxéase de forma explícita á memoria republicana; mentres que, finalmente, no relato «Xogando aos faraóns» ou, na case noveliña, «O chintófano», a sátira política e o humor máis retranqueiro centran toda atención dunha engaiolante lectura.

Peso 0.200 kg
Autor

Agustín Agra

Idioma

Galego

Nº de páginas

208

Encuadernación

Rústica cosido a fío

ISBN

978-84-9782-927-4

Año edición

2009

Editorial

Xerais

Prazo de entrega