Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

REBELDÍA GALEGA CONTRA A INXUSTIZA

por VV.AA.
€15,00
ISBN 9788409002030
Rebeldía galega contra a inxustiza: Salcedo, Oseira, Nebra, Trasancos, Sofán e Sobredo é o primeiro dos monográficos, que coincide cos acontecementos de Trasancos (marzo de 1918). O caderno fai un percorrido polos masacres máis significativos. Comeza con “As mortes no Campo da Porta”, sobre os feitos decorridos en 1894 na parroquia pontevedresa de Salcedo e asinado polo historiador Xosé Álvarez Castro; continúa con “Que se vaian todos! Conflito, loita e morte en Oseira”, do investigador Xosé Ramón Ermida Meilán, que fala do masacre de 1909 e con “Os mártires de Nebra: cans, 1916”, do historiador Eliseo Fernández.

Tamén recolle “Transancos, marzo 1918: revolta popular coas mulleres na vangarda”, un traballo asinado polo historiador Francisco Rodríguez Sánchez;  “As mártires de Sofán. Algo máis que atavismo”, do historiador Xan Fraga, e “Sobredo: paz, xustiza e traballo”, de Xosé Manuel Suárez Estévez, historiador e membro do Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo. Fechan o monográfico o investigador Antón Capelán Rei, que afonda na repercusión que todos estes sucesos tiveron no ámbito literario e artístico, onde destacaron, polos seus traballos, Ramón Cabanillas e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, e a historiadora Lucía Veciño Souto, cunha peza sobre o papel das mulleres nas revoltas agrarias. A publicación deste primeiro monográfico responde á necesidade de garantir a memoria destes sucesos e a contribuír a divulgalos. Trátase de masacres con moita repercusión e cunha grande mobilización detrás, con duras consecuencias no plano represivo a raíz do golpe do 36. De feito, os acontecementos silenciáronse e son descoñecidos mesmo naquelas zonas que máis sufriron a represión. Aliás, é salientábel o papel central que cumpriron as mulleres nos movementos agrarios. Que a maioría de asasinadas fosen mulleres dá conta da súa importancia, que tamén fica de manifesto nas imaxes que reproducen os actos agraristas.    

____

Editorial: Sermos Galiza
Idioma: Gallego