Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

RAROS E CURIOSOS

€15,00
ISBN WP2695
Raros e curiosos,  neste sentido, supón unha relativa mudanza coas anteriores achegas pois dirixe a ollada a un lector adulto e opta por ofrecer un discurso que, desde as instancias dunha voz que é a dun cronista alleo aos feitos relatados, mais ao tempo extraordinariamente informado, porfía en amosarse como rigoroso e obxectivo nas descricións e nos sucedidos que relata...

Carlos López, alén doutros libros de autoría compartida, deixounos até o de agora tres pezas narrativas (Minimaladas, A peripecia de Roi e mais Contos para nenos que dormen deseguida) dirixidas en primeira instancia a un lectorado xuvenil mais que resultaron, ao meu xuízo, ben acaídas para outras franxas de idade, percorrendo con convicción ese camiño nada doado que fai confluír, e con  efectividade, humor e  literatura. Raros e curiosos,  neste sentido, supón unha relativa mudanza coas anteriores achegas pois dirixe a ollada a un lector adulto e opta por ofrecer un discurso que, desde as instancias dunha voz que é a dun cronista alleo aos feitos relatados, mais ao tempo extraordinariamente informado, porfía en amosarse como rigoroso e obxectivo nas descricións e nos sucedidos que relata, acoirazado detrás dun rexistro expresivo un chisco arcaizante que procura a tensión e o distanciamento precisos para os casos e peripecias narradas. Moitas destas lévanse da man dun conxunto de personaxes singulares e fantásticos, no sentido máis literal do termo, que salientan polas peculiares obsesións, senlleiras ocupacións profesionais e inesperados intereses vitais que exhíben.

____