QUERIDO H.P.LOVECRAFT-4349

QUERIDO H.P.LOVECRAFT

13,00

Querido H.P. Lovecraft: Cando leas estas liñas eu non estarei xa no mundo dos vivos
Con estas palabras comeza a carta que Robert E. Howard lle envía ao seu amigo e mentor.

I Premio Antón Risco de Literatura Fantástica 2015

Hay existencias

Con estas palabras comeza a carta que Robert E. Howard lle envía ao seu amigo e mentor. Nun delirante escrito, o fantasista texano narra o seu progresivo descenso cara ao inferno da loucura e a desesperación, iniciado coa visita a unha antiga tumba india no interior dunha cova.
A partir dese fatídico día, Howard comeza a sentirse acosado polas sombras propias e alleas, nunha desacougante mestura de soño e realidade. A escrita, os amigos, a relación coa súa moza, a saúde da nai… cada aresta da súa vida semella afectada polo miasma malsán no que devagar se vai mergullando.
Sen saída, totalmente acurralado polo celme dos seus medos, Howard debe procurar unha solución, unha fuxida, un sacrificio.

Peso 0.1 kg
Autor

ANTONIO MANUEL FRAGA

Idioma

Galego

Nº de páginas

151

ISBN

978-84-15699-83-5

Año edición

2016

Premios

I Premio Antón Risco de Literatura Fantástica 2015

Editorial

Urco