Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

PURGA

Agotado
€20,00
ISBN WP1099
Estonia, 1992, pouco tempo despois da independencia do país como república báltica. Aliide Truu, unha anciá solitaria que vive nunha afastada rexión, atopa de mañá no seu xardín a Zara, unha rapaza rusa que, vítima do tráfico de mulleres, precisa da súa axuda para non volver caer nas mans dos seus captores. Tradución do finlandés de Tuula Ahola

Así comeza esta historia que se abre camiño entre as traizóns, a violencia e o medo para permitir que estas dúas mulleres acaden finalmente a purificación, a purga completa das súas vidas. Cun vibrante ritmo e unha intriga que se desvela devagar ata a resolución do enigma nas últimas páxinas, a narración alterna presente e pasado para denunciar tanto a explotación sexual na Europa contemporánea como os totalitarismos políticos do século XX, amosando de que xeito a represión que sufriu Estonia durante os anos de ocupación soviética derivou nun desarraigo da poboación autóctona que chega ata os nosos días.

____