Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

PROSA POLÍTICA NO TEMPO DAS IRMANDADES DA FALA

€10,00
ISBN WP2462
Un destacado labor das Irmandades consistiu na publicación dunha serie de coleccións literarias que acollen preferentemente novela curta, aínda que tamén publican poesía, ensaio e teatro. Cunha sólida formación cultural e unha excelente preparación académica; cultivaron con éxito a actividade literaria pero tamén a prosa científica no ámbito das ciencias sociais: arqueoloxía, etnografía, xeografía, historia...Participaron tamén no ámbito da política, primeramente no seo das Irmandades da Fala e posteriormente no Partido Galeguista.

Un destacado labor das Irmandades consistiu na publicación dunha serie de coleccións literarias que acollen preferentemente novela curta, aínda que tamén publican poesía, ensaio e teatro. Todas ofrecen volumes de pequeno formato e custe económico, cunha clara vocación de achegamento popular. As máis destacadas destas coleccións foron Céltiga e Lar. Todas estas coleccións contribuíron poderosamente ao asentamento e modernización da prosa galega. Entre os temas tratados destacan o humor e o macabrismo, a narrativa etnográfica ou o neoceltismo. Nestas coleccións escribiron autores como Xosé Lesta Meis, Gonzalo López Abente, Francisca Herrero Garrido ou Xaime Quintanilla. Déronse a coñecer ademais novos autores e iniciaron a súa carreira como narradores as principais figuras do Grupo Nós. O Grupo Nós é a denominación que se lle dá ao conxunto de escritores que iniciaron a súa actividade nas primeiras décadas do século XX e tiveron como órgano de expresión a revista Nós, fundada en Ourense en 1920. O núcleo fundamental de Nós (o núcleo de Ourense: Otero Pedrayo, Cuevillas e Vicente Risco) inicialmente viviu de costas á cultura galega. Eran individualistas e rebeldes, mostraban desprezo pola cultura e a sociedade galegas, sentían interese pola literatura europea e polos mundos afastados e exóticos e fascinación polos temas esotéricos. Non obstante, ao ingresaren en 1918 nas Irmandades da Fala, deron un cambio total: trocaron a fascinación esotérica polo galeguismo, os mundos afastados por Galicia e o individualismo radical polo traballo en común a favor da cultura galega. Vicente Risco en Nós,os inadaptados explica como foi posible a evolución desde un pensamento individualista e evasionista até o galeguismo, movemento esencialmente social e comprometido. Cunha sólida formación cultural e unha excelente preparación académica; cultivaron con éxito a actividade literaria pero tamén a prosa científica no ámbito das ciencias sociais: arqueoloxía, etnografía, xeografía, historia...Participaron tamén no ámbito da política, primeramente no seo das Irmandades da Fala e posteriormente no Partido Galeguista. Moitos serán os colaboradores da revista Nós pero, entre os máis destacados, cabe sinalar a Castelao que chegou a converterse no director gráfico da mesma. Malia que un número importante das súas actividades estiveron vinculadas ao grupo, cómpre ter en conta que quizais non sexa moi acertado integralo nesta xeración, tanto pola súa orixe popular, fronte á procedencia fildalga ou burguesa de Risco, Otero e Cuevillas, como por non protagonizar a evolución ideolóxica pola que pasaron os outros membros do grupo. De todos os xeitos, ao coincidir con eles en ser un dos creadores da moderna prosa galega, no seu polifacetismo e na procura da orixinalidade, decidimos analizar a súa obra neste tema.

____