Ver carrito “Infiltrados.Os servizos secretos, a UPG e outras historias do nacionalismo” se ha añadido a tu carrito.
Prohibido casar, papá!

Prohibido casar, papá!

13,00

Incluído na lista White Ravens 1998.

Elia amósanos o seu mundo interior, con todas as inquedanzas e teimas dunha adolescente.

Hay existencias

Elia é unha rapaza de catorce anos orfa de nai, que asiste ao romance entre o seu pai e unha muller pola que ela non sente simpatía ningunha. Internada nun hospital por mor dunha operación de apendicite, Elia alterna a rememoración dos momentos máis importantes da súa vida coas visitas que recibe dos seus familiares e tamén de Berta, a odiada moza do seu pai. A partir deste esquema argumental, Fina Casalderrey escribe unha novela de elaborada técnica e de vontade realista que se introduce sen complexos nin visións falseadas no axitado mundo interior dunha adolescente dos nosos días.

Peso 0.200 kg
Autor

Fina Casalderrey

Idioma

Galego

Nº de páginas

180

Encuadernación

Tapa blanda

ISBN

978-84-8288-964-1

Edad recomendada

A partir de 12 anos

Año edición

2015

Editorial

Galaxia

Prazo de entrega

De 3 a 5 días