Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

PRAZMOWSKI, WOJCIECH

€9,90
ISBN 9788487882110
Wojciech Prazmowski parece confirmar a vella regra de que o home, desde sempre, mantén o equilibrio entre a súa imaxinación e a realidade, entre realidades opostas, un símbolo que ben poderían ser os brazos da cruz

¿Que é a fotografía, ou mellor, que é unha fotografía para Wojciech Prazmowski? Parece que é un complemento á clásica tríada “obxecto-home-espírito”, o cal lle permite acadar unha visión moi subxectiva do mundo, un mundo transformado polo tempo. Pero non un tempo físico; o seu é un tempo mítico e simbólico.

Prazmowski define o seu credo artístico deste xeito: “ (…)algunhas das miñas fotos paréceme telas visto antes, non sei cándo, pero resúltanme familiares, como se eu xa estivera alí. E para demostralo gardei algunhas (ou máis ben os seus restos). O que fago é quizá unha soa fotografía, sempre a mesma, sobre o paso do tempo”.

Wojciech Prazmowski, como os artistas do Renacemento, ten a convición de que a arte nos ofrece a posibilidade de transcender o tempo humano. Unha mostra desta actividade humana son as fotografías amarelas, as postais, as reproducións, as fotos creadas e casuais, que son, todas elas, un documento xenuíno do noso coñecemento do mundo, e a confirmación de que existe algo máis alá da vida humana.

Na súa obra a sombra é moi importante, aínda que non no sentido pexorativo de Carl Gustav Yung como “a peor parte da personalidade”. Prazmowski parece ter unha querencia especial polas instrucións de Leonardo da Vinci coa famosa idea do “sfumato”: “A sombra ten máis forza que a luz porque lle quita luminosidade aos corpos e mesmo os priva dela”.

Todo isto ten moito que ver coa biografía de Prazmowski. Como artista pertence á xeración da cal Tadeusz Nyczek dixo: “A nosa xeración comezou en circunstancias totalmente diferentes; eles ían cara á liberdade mentres que o noso comezo estaba marcado pola escravitude da guerra“.

Na arte de Wojciech Prazmowski pódese atopar un valor que, en cada un dos seus ciclos –O álbum familiar ou L’ange brisé– é constante e indiscutíbel. Parece resistir ao tempo. É unha loanza da mocidade, da nenez, daqueles fermosos períodos da vida de todo ser humano.

Os personaxes de Prazmowski están baseados por unha parte na fugacidade, levan a carga da existencia, e por outra banda están suxeitos ao paso do tempo. Este sería o caso da muller de Lúa de mel en Gdansk 1939, capturada no seu “intento de voar”. Nese preciso momento é como unha bolboreta porque non podemos deixar de pensar que o seu corpo se vai volver po de contado. Un enfoque similar pódese ver no Pequeno dicionario de guerra, aínda que aquí algúns elementos non son simplemente simbólicos ou metafóricos. Introducidos dentro do espacio creado da foto, non teñen unha dimensión simbólica, non expresan a alma do artista na busca da verdade. Todas as pezas listadas xunto á figura do soldado -en varios idiomas no pé de foto- expresan con firmeza a súa existencia.

Marek Zielinski Director of the Festival of Chamber Arts in Katowice


____

Editorial: CEF
Idioma: Gallego