Por que as sombras non teñen ollos

17,30

O 22 de febreiro de 1944 un bombardeiro Hudson da Royal Air Force estrelouse na Serra de Pena, á altura do marco número 125 da fronteira con Portugal, entre o concello galego de Calvos de Randín e a vila portuguesa de Montealegre.

Hay existencias

 Un contrabandista será a primeira persoa en chegar ao escenario do accidente, onde de entre os seis corpos carbonizados ripará unha pistola e unha carteira na que atopará a fotografía dunha moza, unha carta remitida desde Canadá e tres follas manuscritas, material que agochará na casa dun familiar. O mesmo día, na embaixada do Reino Unido en Madrid recibíronse instrucións encriptadas para que o persoal diplomático do consulado de Vigo recuperase os efectos persoais e restos documentais atopados no lugar do sinistro. Coa chegada a Montealegre dunha profesora finlandesa de historia, colaboradora do servizo de intelixencia alemán, comezará neste territorio da Raia Seca galego-barroso unha batalla de espías na procura destes documentos que será decisiva para o desenlace da Segunda Guerra Mundial. Nesta orixinalísima novela de misterio e espionaxe, historicamente moi documentada, García Mañá consolida a súa mestría como narrador de intriga e promotor do espazo literario arraiano.

Peso 0.500 kg
Autor

Luís Manuel García Mañá

Idioma

Galego

Nº de páginas

168

Encuadernación

Tapa blanda

ISBN

978-84-9914-920-2

Año edición

2015

Editorial

Xerais

Prazo de entrega