Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

POR PUNTOS

€18,70
ISBN 9788491513117
A vida está chea de casualidades, de situacións baixo o ditado das coincidencias e os caprichos do destino. Premio Blanco Amor 2018

O curso para a recuperación do carné de conducir é un lugar e un tempo no que cadran un mangado de homes e mulleres singulares mais que teñen algo en común. Descoñecidos entre si, as circunstancias fan que agora aparezan como o que son: persoas solitarias, mozos á espreita, biografía indecisas e, así e todo, dispostas a arriscarse para conseguir unha pingas de cariño. Por puntos é o retrato -por veces sentimental, por veces traxicómico, outras acedo e corrosivo- dunha realidade próxima e cotiá que endexamais deixa de ser sorprendente. Entre venres e sábados, durante catro xornadas, os personaxes desta novela deixan entrever as súas grandezas e as súas miserias, as súas coitas, os seus devezos e inseguridades. Á mala sorte contraponse a esperanza, á frustración vaina frear un futuro aínda aberto: a pesar de todo, poida que o amor ocupe a mesa do lado.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego