POR LOS CAMINOS DEL SIGLO XX OBRA PERIODÍSTICA OLVIDADA (1914-1963)

22,00

O presente volume reúne baixo o título Por los caminos del siglo XX, e por vez primeira en libro, sesenta artigos escritos por García Martí entre 1914 e 1963.

Hay existencias

Categorías , Etiquetas ,

Pensador europeísta e avanzado (o feminismo atravesa toda a súa obra), herdeiro dos fitos do Rexurdimento galego, Victoriano García Martí (A Pobra do Caramiñal, 1881-Santiago de Compostela, 1966) é unha figura lamentablemente esquecida pola historia da literatura e do pensamento. Amigo persoal de Valle-Inclán, voz reivindicativa do legado de Rosalía de Castro (en 1944 publica a primeira edición das súas Obras Completas), foi tamén un pioneiro na defensa do turismo como fonte de riqueza cultural.

A reivindicación da identidade e a modernización de Galicia (cuxa mellora só chegará a través de “la cultura y la economía”) é unha constante na súa  carreira; do mesmo xeito que a súa visión de Santiago de Compostela como cidade literaria.

O presente volume reúne baixo o título Por los caminos del siglo XX, e por vez primeira en libro, sesenta artigos escritos por García Martí entre 1914 e 1963. Un período onde a Guerra Civil e a posterior ditadura marcarían fondamente a vida e a obra do autor.

O coidado da edición e o estudo introdutorio corren a cargo de Arantxa Fuentes Ríos, doutora europea en Teoría da Literatura e Literatura Comparada pola Universidade de Santiago de Compostela.

Peso 0.100 kg
Autor

Victoriano García Martí

Idioma

Castellano

Nº de páginas

306

ISBN

978-84-16460-52-6

Encuadernación

Tapa blanda

Año edición

2019

Editorial

Alvarellos

Prazo de entrega