Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

CARTAFOL DE MIRAXES

€11,00
ISBN 9788416460571
Obra gañadora da edición nº 44 do veterano Certame Literario do Concello de Vilalba (Lugo)

Leva por títuloCartafol de Miraxes e o seu autor é un novo poeta –e esta é a súa primeira obra–, Aleixandre Lago Barcala (A Coruña, 1992). Consta de 43 poemas onde cada palabra e cada son da música poética están pensados e ubicados no seu preciso lugar. Cartafol de miraxes é un libro de desenganos e de espellismos. Así o resume o autor: "expreso unha serie de desenganos respecto das ilusións, vagas e narcisistas, que se fai un cando é pequeno, respecto de ideas como o amor, a morte, o tempo... Ideas que, ao medrar, un vai vendo que son espellismos”. En canto aos aspectos formais, a poesía de Aleixandre Lago combina composicións tradicionais coma o soneto co verso libre e métricas diversas, pero sempre atendendo a esa fonda musicalidade da palabra escrita. Cartafol de miraxes está ilustrado con traballos de Álvaro Peleteiro (collage de portada) e Antonio Reboredo(ilustracións interiores).
Aleixandre Lago Barcala. Nado na Coruña en 1992, fixo estudos de Filosofía en Barcelona e Filoloxía Clásica en Compostela, e ata hoxe vive entre as tres devanditas cidades. Colaborou coa compañía Teatro do Atlántico en tarefas técnicas, administrativas e artísticas. Traduciu para ela o texto “Dues dones que ballen” de J. M. Benet i Jornet, e participou no recital “De abrentes e ocasos”, como intérprete e mais na escolma de textos. Colaborou con artigos de crítica na revista dixital Parafernalia. En 2014 obtivo o primeiro premio no XV Certame de Poesía Díaz Jácome de Mondoñedo. Cartafol de miraxes, gañador do XLIV Certame Literario de Vilalba, é o seu primeiro libro.
 


____

Editorial: Alvarellos
Idioma: Castellano