Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

A PONTE DAS POLDRAS

por Chus Pato
€10,50
ISBN 9788482888897
Con A ponte das poldras incórporase á colección Dombate, que Galaxia dedica á poesía, unhas das autoras que máis traballa por facer da literatura un espazo textual e aberto: Chus Pato
A sintaxe da utopía.


Chus Pato fai da experiencia literaria unha paixón vital, unha experiencia de linguaxe que racha límites e axuda a elaborar o que a poeta chama "a sintaxe da utopía". Coa finalidade de achegar a lectoras e lectores poemaros de dificil acceso ou esgotados, pero fundamentais para comprender a poesía contemporánea, Galaxia recupera títulos coma este, editado por vez primeira no 96 e agora publicado nunha nova edición revisada pola autora. A poesía de Chus Pato ábrese a distintas realidades, explora territorios incómodos e, en A ponte das poldras, o poema traslada a lectoras e lectores a un espazo de emancipación, desde onde a poeta revisa a historia. En palabras da crítica literaria Iris Cochón, é unha obra que "recupra o silenciado e inscribe o utópico". A literatura arrequéntase coa plenitude derivada da imaxinación, da independencia persoal e comunitaria, dela xorde unha nova percepción e, pois que o mundo é linguaxe, tamén un mundo novo.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego