A ponte das poldras

10,50

Con A ponte das poldras incórporase á colección Dombate, que Galaxia dedica á poesía, unhas das autoras que máis traballa por facer da literatura un espazo textual e aberto: Chus Pato

A sintaxe da utopía.

Hay existencias

Categorías , Etiquetas ,

Chus Pato fai da experiencia literaria unha paixón vital, unha experiencia de linguaxe que racha límites e axuda a elaborar o que a poeta chama «a sintaxe da utopía».

Coa finalidade de achegar a lectoras e lectores poemaros de dificil acceso ou esgotados, pero fundamentais para comprender a poesía contemporánea, Galaxia recupera títulos coma este, editado por vez primeira no 96 e agora publicado nunha nova edición revisada pola autora.

A poesía de Chus Pato ábrese a distintas realidades, explora territorios incómodos e, en A ponte das poldras, o poema traslada a lectoras e lectores a un espazo de emancipación, desde onde a poeta revisa a historia. En palabras da crítica literaria Iris Cochón, é unha obra que «recupra o silenciado e inscribe o utópico». A literatura arrequéntase coa plenitude derivada da imaxinación, da independencia persoal e comunitaria, dela xorde unha nova percepción e, pois que o mundo é linguaxe, tamén un mundo novo.

Peso 0.100 kg
Autor

Chus Pato

Idioma

Galego

Nº de páginas

72

Encuadernación

Rústica con solapas

ISBN

978-84-8288-889-7

Editorial

Galaxia

Prazo de entrega